CURSO CELGA 4

Cursos Celga 2024/2025

LISTADO DEFINITVO ADMISIÓNS (26.08.2024)

CURSOS OFERTADOS

Celga 4: do 17 de setembro ao 12 decembro 2024, de 16.00 a 18.30 os martes e xoves.

INSCRICIÓN TELEMÁTICA: As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O PRAZO para a presentación das solicitudes abranguerá desde:

* Do día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-decembro)

ADXUDICACIÓN PRAZAS:

A obtención do número para a adxudicación das prazas nos cursos do primeiro cuadrimestre realizarase en acto público, o día 15 de xullo ás 10.00 horas, na EOI de Vilagarcia O día 16 de xullo o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido.

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN:

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo e décimo primeiro desta resolución. (Copia do DNI/NIE, Certificado de discapacidade se é o caso)

O prazo para a presentación desta documentación será ata o día 19 de xullo de 2024

A documentación presentarase telematicamente desde o enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As persoas interesadas responsalilizaranse da veraciadade dos documentos que presenten. As escolas poderán solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para cotexo da copia electrónica presentada.

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.

DURACIÓN: 60h

Pódese ler toda a CONVOCATORIA pinchando aquí.