|
|
|
|
LINGUAS
As linguas que se poden estudar neste centro son: alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.
NIVEIS
A lei orgánica 2/2006 de 3 de maio, de educación, regula nos seus artigos 59, 60, 61 e 62 as ensinanzas de idiomas de réxime especial e establece que estas se organizarán en tres niveis: Básico, Intermedio e Avanzado e fixa as características básicas das ensinazas especializadas de idiomas de réxime especial, cuxa finalidade é proporcionarlle ao alumnado unha formación en linguas de calidade seguindo as directrices do Marco Europeo Común de Referencia para as linguas (MECRL)
Así pois, as ensinazas da ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DA CORUÑA están estruturadas en tres niveis:
Pódense consultar as guías do alumnado para coñecer a estructura das probas dos niveis indicados no seguinte enlace. Premer aquí
MODALIDADES
As modadidades de estudo que o alumno pode seguir son:
OFICIAL PRESENCIAL: Permítelles aos alumnos a asistencia á clase durante o curso académico (outubro a xuño) cunha duración mínima de 130 horas. Tamén teñen dereito á realización das probas de final de curso: probas de promoción (Basico 1, Intermedio 1 e Avanzado 1) ou probas de certificación de nivel (Básico, Intermedio e Avanzado).
OFICIAL A DISTANCIA (soamente inglés): Baseado no programa "That's English" o alumnado matriculado neste tipo de ensinanza ten dereito a asistir a unha titoría semanal no centro e ao seguimento pola canle 2 da TVE do Programa " That's English". Ten dereito á realización dos exames para superar os módulos nos que se estrutura este tipo de ensinanza (Módulos 1 a 9). Esta modalidade soamente abrangue os niveis Básico, Intermedio e C1.
O alumnado do programa That's English que desexe ter os certificados de Nivel Básico, Intermedio ou C1 deberá realizar estas probas xunto co resto do alumnado.
LIBRE: Enténdese por alumnado libre aquel que se matricula na E.O.I. só para realizar o exame correspondente ás probas de certificación de nivel (Básico, Intermedio ou Avanzado C1) e obter o certificado correspondente.
Outro tipo de ensinanzas*
Cursos de destrezas orais
Cursos de formación para o profesorado en diferentes idiomas e niveis (CFRs).
Cursos de inglés e francés para o profesorado. (CALC). Son cursos encamiñados principalmente ao profesorado de centros plurilingües ou seccións bilingües.
Cursos específicos de galego: Cursos de linguaxe administrativa e preparación para os exames CELGA.
* Estes cursos teñen as súas propias convocatorias de matricula