Eleccións ao Consello Escolar
30 de outubro:
Publicación do censo electoral provisional, que estará dispoñible para a súa consulta na administración da sede central da escola, no seu horario habitual de apertura.
Desde o 30 de outubro ata o 7 de novembro pódese reclamar o censo electoral provisional cubrindo unha solicitude dispoñible na administración da sede central da EOI.
Do 1 ao 8 de novembro: presentación de candidaturas de todos os sectores
Documentos en PDF para candidatarse:
- Alumnado
- Pais/nais/titores de alumnado menor de idade
Estes documentos pódense imprimir ou recoller e deixar en Conserxería, ou enviarse asinados dixitalmente ao enderezo electrónico da Dirección: eoi.corunha.direccion@edu.xunta.gal
Do 19 ao 22 de novembro: celebración das eleccións de todos os sectores
- 20 e 21 de novembro de 17:30 a 18:30, votacións do sector do alumnado e do sector de pais/nais/titores/as do alumnado menor de idade, na oficina de Xefatura de Estudos.