Actividades 2024-25 1.º CUADRIMESTRE
SERÁNS TEATREIROS
- O dragón de ouro (25 de outubro), escenificada por Sarabela Teatro, é unha peza orixinal de Roland Shimmelphenning que chega por primeira vez aos nosos escenarios despois de se representar en máis de 40 países ao redor de todo o mundo. Aborda un tema candente no debate social contemporáneo: as migracións. Un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida tailandés-chinés-vietnamita O dragón de ouro.
- En Terceiro acto (14 de novembro), do Centro Dramático Galego, unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e os desexos para esta nova etapa da vida.
- Entrega en man (13 de decembro), escenificada por Contraproducións, narra a historia de Carmichael, un supremacista branco estrafalario e agresivo, que ofrece unha recompensa por recuperar a man que lle cortaron de adolescente nun acto de absurda violencia. O mozo negro Toby e a súa noiva branca Marilyn pretenden enganar a Carmichael ofrecéndolle unha man roubada nun museo e que, polo escura que é, non parece ser a súa. Mervyn, o recepcionista do hotel, un tipo estrambótico e algo surrealista, intervén en tan insólita transacción e desátase unha comedia tola.
MUSEO DE BELAS ARTES