|
|
|
|
Nesta páxina iremos engadindo noticias e actividades de celebración do cincuentenario da EOI da Coruña.
O mural retrata a evolución da sociedade desde a fin da Guerra Civil ata os nosos días.
Na sección á esquerda podemos ver os restos da destrución da guerra nos terreos preto da Torre de Hércules na década dos 50. As pontes representan os primeiros proxectos de infraestruturas do réxime, mentres que a publicación de libros reflexa pequenos avances culturais. Con todo, baixo este verniz de progreso, a vixilancia social e a distracción través do fútbol, forzada como se entrase por un funil, serven como recordatorios do control autoritario da dictadura.
Na parte central do mural están os idiomas que se imparten no centro e, a continuación, podemos ver un retrato da década dos anos 60, na que aparecen a radio, avanza a construcción, fanse encoros, crecen as colleitas de trigo para facer pan, aumenta o uso dos barcos recreativos e empeza a haber máis aprecio pola natureza. Todo isto suxire avances no medio da pobreza e fame persistentes.
No lado dereito do mural, o motivo do karma e a inclusión do número da lotería deste ano invitan á reflexión sobre a natureza da fortuna na vida. A pesar do progreso social, o sentimento de tristeza ante as desigualdades se mestura coa alegría polos avances.