|
|
|
|
O presente da escola no curso 2023-24, ano académico do cincuentenario
Na actualidade a nosa escola ofrece a posibilidade de aprender 11 linguas, sendo a única escola de Galicia onde se poden estudiar o árabe e o ruso. Ao longo destes 50 anos a escola foi cambiando e adaptándose aos tempos e hoxe en dia ofrece unha variedade de cursos e horarios. No noso centro ten impártense cursos presenciais, semi-presenciais, a distancia (That‘s English!), intensivos, cursos de destrezas orais e cursos de formación para o profesorado. Cada ano pasan polas nosas aulas da Coruña e das seccións aproximadamente 6500 estudantes oficiais e libres.
O centro conta neste curso 2023/24 con 101 profesores e profesoras entre a sede central da Coruña e as súas seccións de Arteixo, Carballo, Cee e Culleredo. De Austria, China, Francia, India, Irlanda e Portugal son os nosos 6 auxiliares de conversa, que, xunto coa profesora invitada da institución chinesa Hanban, achegan as súas culturas ao noso alumnado.
Tamén traballan connosco como persoal de administración e servizos 4 administrativos na secretaría, 5 conserxes e 3 persoas máis outra a media xornada na limpeza do centro.
Contamos ademais cunha asociación de profesores e alumnos e ex da EOI (ASPALEX) Mar de Lenguas, que organiza actividades culturais e de lecer para a dinamización das linguas da escola entre a comunidade educativa.
Queremos dar as grazas a todas as persoas que traballaron ou estudaron aquí nestes 50 anos. Continuaremos o seu labor nesta escola pública, inclusiva e igualitaria na que seguir ensinando idiomas para un mundo sen fronteiras.