Devolución de taxas

Requisitos

Poderase solicitar a devolución de taxas cando se de algunha das seguintes situacións:

  • Cando non se realice a actividade por causas imputables ao centro.
  • Por duplicidade no pagamento.
  • Concesión dunha bolsa para estudos de idiomas.

Non se ten dereito á devolución de taxas nos seguintes casos:

  • Renuncia ou anulación de matrícula.
  • Que o interesado/a non poida asistir a clase por motivos imputables ao administrado/a e alleas ao centro.
  • Beneficiarios de familia numerosa que non o acrediten no momento de formalizar a matrícula.
  • Persoal docente da Consellería de Educación que non o acredite no momento de formalizar a matrícula.

 

Documentación necesaria. Hai que entregala na secretaría do centro. Non se aceptarán envíos por correo electrónico.