Actividades 2021-22 - 2º cuadrimestre

 

ACTIVIDADES DO

2º CUADRIMESTRE

 

 

L

I

T

E

R

A

T

U

R

A

Día de Rosalía: "Miña casiña, meu lar" e caldo de gloria

 

 

CANDO: mércores 23 de febreiro ás  11.00, ás 13.00 e ás 17.30

 ONDE: na cafetaría da EOI

 CANTO: de balde

 QUEN: o Departamento de Galego e o Equipo de Normalización Lingüística (segundo o proxecto da Fundación Rosalía de Castro) convida a todo o alumnado da escola.

 QUE: anímate a participar: falaremos de Rosalía, leremos algún poema (especialmente "Miña casiña, meu lar") e paparemos unha boa cunca de caldo.

 MÁIS INFORMACIÓN: ver

 FOTOSfoto1   foto2

 

 

 

 

S

 

A

 

Í

 

D

 

A

 

S

 

 

 

C

 

U

 

L

 

T

 

U

 

R

 

A

 

I

 

S

Teatro: As fillas bravas e o mito de Casandra de Chévere

 

 

 

 

 CANDO: venres, 11 de marzo, ás 20.30

 ONDE: no Fórum Metropolitano

 CANTO: 5 euros (colabora o Dep. de Galego)

 QUE: esta comedia coloca o foco en tres mulleres de aldea "pandeireteiras", referentes positivos e próximos de personaxes de mulleres afirmativas, autónomas, creativas e implicadas na colectividade. E ao mesmo tempo ofrece unha visión divertida, directa e sen prexuízos do impacto do cambio climático na nosa sociedade e nas nosas vidas.

 VÍDEOS:   vídeo1     vídeo2

 MÁIS INFORMACIÓN: ver  crítica1   crítica2

 

Pintura: Colmeiro. Cor e sentimento 

 

 CANDO: xoves, 7 de abril ás 11.30

 ONDE: na Fundación Luís Seoane (exposición comisariada pola artista Mónica Alonso)

 CANTO: visita guiada de balde

 QUE: esta exposición analiza a importancia da cor na obra do pintor galego a través de case cen pezas, a maioría óleos, correspondentes a seis décadas de creación artística.

Para Manuel Colmeiro, a linguaxe elemental da pintura é a cor, non a forma. Esta formulación, xunto cunha serie de temas recorrentes, son as ferramentas que o artista utiliza para representar a Galicia, protagonista absoluta da súa obra. A exposición establece un percorrido a través dos seus azuis e verdes, básicos na súa pintura; dos amarelos e laranxas que emprega para a luz, para iluminar a roupa e para expresar emocións como a ledicia; dos vermellos, utilizados como contraste; dos marróns da terra, que atenúan a dureza dos grises e negros do rigor da existencia e do horror da guerra...

Alén da cor, a exposición transcorre a través de diferentes seccións que se deteñen nos motivos máis frecuentes na obra do pintor, como o bodegón, as maternidades ou as paisaxes; e noutras cuestións de especial interese, como a melancolía e a tristura que percorren o seu traballo ou a simbiose entre espazo interior e exterior.

 MÁIS INFORMACIÓN: ver

FOTOS: foto 1   foto 2

 

 

 

S

 

A

 

Í

 

D

 

A

 

S

 

 

 

C

 

U

 

L

 

T

 

U

 

R

 

A

 

I

 

S

Cine: Malencolía de Alfonso Zarauza

 

 CANDO: mércores, 6 de abril, ás 20.30

 ONDE: nos Cantones Cine

 CANTO: 5 euros

 QUE:

Sira e Pepe son unha parella que fartos da vida en precario e do frenesí da cidade de Berlin, deciden volver a Galicia tras moitos anos emigrados na Alemaña. Atopan por Internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí.

Chegados á aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina.

MÁIS INFORMACIÓN: tráiler    noticia 1    noticia 2    noticia 3

Entrevista co director en Café Derby 

Traxectoria do director en Diario cultural  

Festival de narración oral Falando a Boca Chea: Quico Cadaval 

 

CANDO: xoves, 28 de abril ás 20.30

ONDE: no Forum Metropolitano

CANTO: 5 euros (entrada anticipada)

QUE: Quico Cadaval é unha vella gloria da arte de contar contos neste país. Partindo dunhas historias escoitadas na infancia e unha vocación de ocupar o espazo teatral, participou nos anos noventa do século pasado da variedade de contadores de historias, contacontos, lingoreteiros. A arte de contar historias pasou dos campos aos bares e das universidades ao teatro.

A arte da palabra é variable e volátil, escoitar historias é un poderoso detonador da imaxinación que se volve imprevisible do que pode suceder nun atardecer de contos. Quico pode prometer dedicar a velada aos contos tradicionais da biblioteca analfabeta e acabar por falar de acontecimentos luctuosos da família real española. É suficiente con seguir polos carreiros que se bifurcan constantemente polo bosque do relato.

MÁIS INFORMACIÓN:  vídeo 1      vídeo 2    video 3

 

 

 

 

 F

O

L

 C

 L

O

 R

 E

Xornada especial de baile e música galega

 

  VÍDEOS:  vídeo1   vídeo2   vídeo3   vídeo4

 

 CANDO: dúas quendas ->

MAÑÁ: xoves, 21 de abril de 10.30-13.30

TARDE: luns, 25 de abril de 17.30-20.30

 ONDE: no patio ou  no recibidor da EOI

 CANTO: de balde

 QUEN: o profesor Ismael Carcedo. Convida o Departamento de Galego en colaboración co ENL da EOI.

 QUE: tres horas de música, baile e palabras. Anímate a participar: aprenderás a darlle un xeito ao baile e á pandeireta e, a maiores, coñecerás o imprescindible sobre o noso folclore. Xusto o preciso para triunfares no próximo serán. E veña baile e veña foliada!

 FOTOSfoto 1   foto 2    foto 3   foto 4