|
|
|
|
ACTIVIDADES DO 2º CUADRIMESTRE |
E
S
P
E
C
T
Á
C
U
L
O
S
|
CLUB DE TEATRO |
CANDO: meses de febreiro, marzo, abril e maio ONDE: no Teatro Rosalía de Castro ou no Forum Metropolitano CANTO: entre 7 e 5 euros (colaboran os Departamentos de Galego e Portugués e mais o Equipo de Normalización Lingüística (ENDL) PARA QUEN: queda convidado todo o alumnado da escola que teña interese no teatro, en concreto, e na cultura galega, en xeral. QUE: pretendemos formar un grupo de saídas culturais estable para gozarmos das obras de teatro e outros espectáculos que se poden ver na Coruña e que se desenvolvan en lingua galega. OBRAS PROGRAMADAS: Backup. A resurrección de Nuno de DeSte Xeito Producións. Fórum Metropolitano. Venres, 3 de febreiro ás 21.00 Unha inimiga do pobo de Henrik Ibsen. Talía Teatro. Teatro Rosalía. Venres, 3 de marzo ás 20.30 Ragazzo de Barrosanta. Fórum Metropolitano. Venres, 17 de marzo ás 21.00 Iphixenia na porta do super de Compañía Humana. Fórum Metropolitano. Venres, 31 de marzo ás 12.00 (terá prioridade o alumnado da quenda da mañá) Festival de Narración oral: Falando a boca chea. Actuación sen determinar Relato para un incendio de aAntena. Fórum Metropolitano. Venres, 28 de abril ás 21.00 A louca historia de Galicia de Fulano, Mengano e Citano. Fórum Metropolitano. Venres, 5 de maio ás 21.00 O porco de pé de Vicente Risco con versión de Pepe Sendón e Quico Cadaval. Teatro Rosalía de Castro. Venres, 19 de maio ás 20.30 |
E
X
P
O
S
I
C
I
Ó
N
S
M
U
R
A
I
S |
As nosas tradicións e celebracións: o Entroido |
CANDO: mes de febreiro ONDE: no recibidor da EOI QUE: días, figuras, localidades, tradición indoeuropea, orixe, significado, gastronomía, rituais... ENTROIDAMOS? FOTOS:
|
|
Os maios |
|
CANDO: final de abril e principio de maio ONDE: no recibidor e no corredor do Departamento de Galego QUE: a celebración dos maios en Galicia: información, fotos, sentido, tradición e orixe, elaboración e exposición de maios, reparto de xestas floridas... FOTOS:
|
|
Letras galegas 2023: Francisco Fernández del Riego |
|
CANDO: mes de maio ONDE: no recibidor e no corredor do Departamento de Galego QUE: carteis sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano FOTOS:
|
S A Í D A S |
Pintura: Museo de Belas Artes da Coruña |
CANDO: 8 de maio, de 10.00 a 11.15 ONDE: Museo de Belas Artes da Coruña CANTO: visita guiada de balde QUE: percorrido polas salas do museo dedicadas a pintores galegos dos séculos XIX e XX (salas 4, 5 e 6) MÁIS INFORMACIÓN: ver folleto FOTOS: |
F O L C L O R E |
Xornada de baile e música galega |
CANDO: mes de abril ou maio, en dúas quendas -> - MAÑÁ: - TARDE: ONDE: no patio ou no recibidor da EOI CANTO: de balde QUEN: o profesor Ismael Carcedo. Convida o Departamento de Galego en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística. QUE: tres horas de música, baile e palabras. Anímate a participar: aprenderás a darlle un xeito ao baile e á pandeireta e, a maiores, coñecerás o imprescindible sobre o noso folclore. Xusto o preciso para triunfares no próximo serán. E veña baile e veña foliada! FOTOS: |
E X C U R S I Ó N S |
Compostela e as Letras Galegas |
CANDO: mércores, 17 de maio. Saída ás 10.00 da estación de tren ONDE: visita a Santiago de Compostela (Museo do Pobo Galego, visita guiada pola cidade, catedral e pórtico da Gloria...) e asistencia á manifestación das Letras Galegas QUEN: organizado polo Departamento de Galego e mais polo Equipo de Normalización Lingüística e dirixido a todo o alumnado e persoal (docente e non docente) da escola.
QUE: visita Compostela o día no que celebramos a vida das nosas letras; coñece o Museo do Pobo Galego, a catedral e o Pórtico da Gloria; percorre as rúas da zona vella nunha visita guiada; goza da gastronomía da cidade á tardiña. CANTO: 5 euros MÁIS INFORMACIÓN: se quixeres participar no xantar en grupo, cómpre avisares FOTOS: |