Actividades 2022-23 - 1º cuadrimestre

ACTIVIDADES DO

1º CUADRIMESTRE

 

 

 

F

 

E

 

S

 

T

 

A

 

S

Inauguración dos cursos de Galego

 

 CANDO: mércores, 21 de setembro, ás 10.30 e ás 19.00

 ONDE: na cafetaría da EOI

 QUEN: o Departamento de galego convida o alumnado de Galego de todos os niveis

 QUE: benvida á escola a todo o alumnado de Galego. Aproveitaremos para nos coñecer e presentar as actividades culturais e extraescolares previstas para o novo curso 2022 - 2023. Celebraremos con café, refrescos e petiscos doces: bica branca de Laza, biscoito e roscas variadas.

 FOTOS:    

 

 

E

 

S

 

P

 

É

 

C

 

T

 

A

 

C

 

U

 

L

 

O

 

S

CLUB DE TEATRO

 

CANDO: meses de setembro, outubro e decembro

ONDE: no Teatro Rosalía de Castro ou no Forum Metropolitano

CANTO: entre 7 e 5 euros (colabora o Dep. de Galego, o Dep. de Portugués e o ENDL)

QUE: pretendemos formar un grupo de saídas culturais estable para gozarmos das obras de teatro e outros espectáculos que se poden ver na Coruña e que se desenvolvan en lingua galega.

PARA QUEN: convidamos a todo o alumnado da escola que teña interese no teatro, en concreto, e na cultura galega, en xeral.

OBRAS PROGRAMADAS:

+ Morte accidental dun anarquista de Talía Teatro. Teatro Rosalía de Castro. Venres, 30 de setembro, ás 20.30

+ O péndulo de Inversa Teatro. Teatro Rosalía de Castro. Martes, 11 de outubro, ás 20.30

+ Esas cousas marabillosas de Empatía Teatro. Forum Metropolitano. Venres, 14 de outubro, ás 21.00

+ (Mofa & Befa) Pirolíticos de Producións Teatrais Excéntricas. Forum Metropolitano. Venres, 4 de novembro, ás 21.00

+ Comando Comadres de Matrioshka Teatro. Forum Metropolitano. Venres, 18 de novembro, ás 21.00

+ A lingua das bolboretas de Sarabela Teatro. Teatro Rosalía de Castro. Venres, 2 de decembro, ás 20.30

+ N.E.V.E.R.M.O.R.E. de Chévere. Teatro Rosalía de Castro. Mércores, 28 de decembro, ás 20.30

+ Curva España de Chévere. Teatro Rosalía de Castro. Xoves, 29 de decembro, ás 20.30

 

 

 

 

 

E

X

P

O

S

I

C

I

Ó

N

S

Festas e tradicións: o día de defuntos

 

CANDO: 25 de outubro ao 2 de  novembro

ONDE: no corredor do Departamento de Galego

QUE: bodegón de outono para celebrarmos o 31 de outubro, a festa do Samain do pobo celta. A nosa noite de defuntos na que os finados poden volver connosco e visitarnos. Para iso prendemos candeas ou deixamos o lume aceso para que os nosos defuntiños atopen de xeito doado o camiño á súa antiga casa. Deste xeito,  tamén lles amosamos que non os esquecemos.

Bodegón de outono: cabazas baleiradas, candeas, castañas, millo, cogomelos, follas secas, luces e sombras, agoiros, fotos dos devanceiros... tempo de ánimas.

FOTOS:

 

 

 

 

 

 

C

O

N

F

E

R

E

N

C

I

A

S

O libro negro da lingua galega de Carlos Callón (e outras cuestións sobre Galiza e Portugal)

 

Colaboración entre o Departamento de Português e o de Galego

CANDO: mércores, 2 de novembro, ás 19.00

ONDE: na aula magna ou na biblioteca

CANTO: de balde

QUEN: Carlos Callón (licenciado en filoloxías galega, portuguesa e románica pola USC e doutorado pola UDC; profesor no Instituto Español de Lisboa; escritor e autor, entre outros, dos libros Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez ou Galegocalantes e galegofalantes)

QUE: presentación do último libro do autor,  que se centra en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos (queimas de libros, castigos nas escolas...), coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. A maiores, o autor tamén comentará a súa experiencia como profesor en Portugal e falará da súa percepción sobre o que nos une ou nos separa.

LIGAZÓNS: máis información    vídeo1  vídeo2

 

S

A

Í

D

A

S

 

C

U

L

T

U

R

A

I

S

Cine: O corpo aberto  de Ángeles Huerta

 

CANDO: martes, 20 de decembro, ás 17.45

ONDE: nos Cantones Cine

CANTO: 6 euros 

DURACIÓN: 100 minutos

QUE: Miguel, un profesor novo, é destinado a unha aldea inhóspita. Conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo arredor del. A película aborda a crenza popular galega das almas errantes en busca de corpos que habitar. Así, o falecemento dun veciño libera un espírito que busca continuar coa súa existencia entre os vivos. E atópao.

A directora A. Huerta (Esquece Monelos) e o guionista Daniel D. García (Pai Casares) parten dun relato de X.L.Méndez Ferrín ("Lobosandaus", en Arraianos ) para armar unha longametraxe que definen como “terror folk”.

A película cede protagonismo ao son e á paisa-xe. A trama vese reforzada por unha envolvente banda sonora, a cargo de Mercedes Peón, e a potencia visual das localizacións, cunha rodaxe que se repartiu entre os concellos de Muíños, Lobeira, Calvos de Randín, Tourme e Pitoes.  

 

INTÉRPRETES: Tamar Novas, María Vázquez, Vitoria Guerra, José Fidalgo, Federico Pérez, Miquel Ínsua e ElenaSeijo.

 

 

 

 

 

 

LIGAZÓNS: máis información    tráiler entrevista