|
|
|
|
Celebramos a semana das letras galegas na EOI!
A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NA EOI da CORUÑA
Homenaxe a Manuel María. No club de lectura, o 10 de maio ás 12.15 e en liña no blogue.
"Sacar a lingua a p(r)acer": un título moi acaído para a época do ano que é. Vide escoitar a Lois Pérez, narrador oral e comediante, á EOI o mércores 11 ás 19h.
Galegos e Galegas de Aquí e Acolá: o 14 de abril na sección de Carballo da EOI haberá un relatorio, no que varias persoas que viviron de preto a emigración falarán das súas experiencias.
VI FESTIVAL DE CURTAS CINEOI
Xa podemos publicar o palmarés completo de todas as curtametraxes premiadas no CinEOI 2016:
Xa están dispoñibles na nosa canle de youtube as curtas da categoría absoluta.
Xa podes empezar a facer a túa curta e participar na sexta edición do Festival de curtas CinEOI. Preme aquí para consultar as bases completas.
Xa tedes dispoñible o programa definitivo do VI Festival de Curtas CinEOI:
A data límite para entregar as vosas curtas ata o 5 de abril 2016
CLUB DE LECTURA 2015-2016
Un ano máis seguimos a nos reunir para disfrutar da lectura en glaego
Aínda estás a tempo de inscribirte e participar no club. Ademáis, este ano estamos de estrea e temos un blogue novo para o club: O Blogue do Club de Lectura da EOI da Coruña Entra, e infórmate do que estamos a ler, envía a túa solicitude e podes participar mesmo en liña.
Tedes dende o 23 de outubro ata o 12 de novembro para inscribirvos no obradoiro que todos os anos se imparte na EOI da Coruña. Aprende a facer unha curta con Omar Rabuñal Varela, director, guionista e actor.
Campaña de difusión da lingua galega #asísedi