Translados de expediente e de matrícula

TRASLADO DE EXPEDIENTE

O traslado de expediente entre EOI está vencellado á matrícula, e polo tanto está condicionado pola dispoñibilidade de prazas na EOI de destino.

Se cursou con anterioridade noutra EOI e quere continuar os seus estudos na nosa EOI debe proceder así:

  • se está dentro do período de preinscrición e matrícula oficial só ten que seguir o procedemento habitual para a preinscrición e matrícula oficial e, á hora de formalizar a súa matrícula, achegar unha certificación académica actualizada da súa anterior EOI xunto co resto da documentación;
  • se xa remataron por completo os períodos de matrícula, deberá preguntar en Secretaría a dispoñibilidade de prazas  e presentar unha certificación académica da súa EOI de procedencia a eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal

 

TRASLADO DE MATRÍCULA (MATRÍCULA VIVA)

Se vostede xa está matriculado nunha EOI e desexa continuar o curso na EOI de Coruña debe solicitar o traslado de matrícula. Deberá preguntar en Secretaría a dispoñibilidade de prazas  e presentar unha certificación académica da súa EOI de procedencia a eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal

Non se admitirán solicitudes de traslado dunha matrícula viva dentro do período de matrícula do mesmo curso.

Importante: o traslado de matrícula entre EOI de Galicia non supón custo adicional algún; porén, para os traslados entre centros de diferentes comunidades aplicarase a normativa vixente, que no caso de Galicia esixe que os expedientes procedentes doutras comunidades autónomas aboen as taxas para as EOI galegas. Teña en conta tamén que outras comunidades autonómas poden ter requisitos administrativos diferentes para esta xestión.