Taxas alumnado libre

Custo da matrícula. Taxas para alumnado libre

ALUMNADO ANTIGO (1)
Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas
Alumnado ordinario  46  92  138
Familia numerosa xeral  23  46  69
Familia numerosa especial  0  0  0
Minusvalía, outros...  0  0  0
Funcionarios docentes  0  0  0
    ALUMNADO ANTIGO (2)
Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas
Alumnado ordinario  68  114  160
Familia numerosa xeral  34  57  80
Familia numerosa especial  0  0  0
Minusvalía, outros...  0  0  0
Funcionarios docentes  22 22 22
(1) Por alumnado antigo enténdese o alumnado que xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia.

(2) Por alumnado novo enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia.


Exencións e descontos

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.

  • Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.

  • Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matrícula, unicamente nas materias de nova matriculación. (Certificación da xefatura territorial)

  • As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%

  • As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%

  • As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%

Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente (con copia e orixinal) o dereito ás exencións.


Procedemento de pago. Pódese facer de dous xeitos:

  1. Recolla o impreso de taxas na conserxaría do centro, cúbrao e pague no banco.
  2. Pódese xerar ese impreso seguindo os pasos deste tutorial. Prema aquí

 As taxas das EOIs de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG do 17-06)