Que é a proba de clasificación?
A proba de clasificación está pensada para o alumnado que se quere matricular nos estudos oficiais das escolas oficiais de idiomas e xa ten coñecementos previos. Consiste nunha proba que diagnostica o seu nivel de idioma e lle dá acceso a un curso determinado.
Debe saber que:
- A proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, senón que estritamente fixa o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos de EOI na modalidade oficial.
- A proba de clasificación non outorga automáticamente unha praza. Non se pode facer a proba en setembro se xa se matriculou polo curso 24-25.
- Poderán facer a proba de clasificación aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial e semipresencial.
- A proba daralle acceso a un curso concreto e só a ese curso; isto quere dicir que non poderá matricularse nun curso inferior ou superior ao que indique a proba.
- A proba terá validez para matricularse na modalidade oficial neste curso e no seguinte.
- Se a proba lle da acceso a un nivel xa cursado e/ou superado anteriormente, a proba quedará sen efecto.
- Para acceder a estudos das EOIs, incluso a través da proba de clasificación, deberá ter 16 anos antes de rematar o ano en curso ou 14 se é para cursar un idioma distinto ao que está a cursar na ESO como primeira lingua estranxeira.
- Non poderá facer a proba o alumnado matriculado na modalidade oficial na EOI nos dous últimos cursos (2022-23 e 2023-24).
- O alumnado poderá matricularse nunha soa proba de clasificación por cada idioma durante un curso escolar
Prazo de inscrición nas probas para o curso 2024-25
Do 28 de agosto ao 3 de setembro ás 14:00h
Procedemento de inscrición
1. Cubrir o formulario na nosa web. É necesario cubrir un formulario por cada lingua. Deberá achegar o seu documento de identidade e o xustificante de pago e/ou de exención de pago. Pode escanear os documentos ou facerlles unha foto.
*Formulario opcional SOLO para ESPAÑOL COMO LENGUA EXTRANJERA*
2. Pagar a taxa correspondente: 17€ por idioma.
- Se fai o pagamento en liña, ten que enviar o modelo 730 (Consultar como se fai aquí)
- Se prefire pagar no banco, pode recoller o impreso de taxas na conserxería da escola.
Exencións e descontos
- Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
- Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
- As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
- As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%
- As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%
Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.
3. Se ten algún problema para facer a inscricion ou achegar a documentación, escriba un email a eoi.corunha.matricula@edu.xunta.gal (poñer no asunto: "proba de clasificación").
Datas das probas - Setembro 2024 (SEDE CENTRAL)
Para ver as datas das probas nas seccións consultar as súas páxinas.
Idioma
|
Proba escrita
|
Proba oral
|
Alemán
|
9 setembro ás16:00h
Aula 24
|
A continuación
|
Árabe
|
9 setembro ás 18:30h
Aula 21
|
Despois da proba escrita
|
Chinés
|
6 setembro ás 16:00h
Aula 13
|
A continuación
|
ELE
|
6 setembro ás 10:00h / En liña
Aula 32
|
---------
|
Francés
|
6 setembro ás 10:00h
Aula 25-28
|
A continuación
|
Galego
|
9 setembro ás17:30h
Aula 17 e 19
|
A continuación
|
Inglés
|
5 setembro en liña
|
10 setembro ás 10:00h: Sede Central, Cullleredo, Cee
10 setembro ás 10:30h: Carballo
10 setembro ás 18:30h: Arteixo
|
*** É obrigatorio facer as dúas partes, escrita e oral.***
|
Italiano
|
9 setembro ás 12:00h
Aula 15 e16
|
A continuación
|
Portugués
|
9 setembro ás 10:00h
Aula 17
|
A continuación
|
Ruso
|
6 setembro ás 17:00h
Aula 30
|
A continuación
|
Xaponés
|
6 setembro ás 11:30h
Aula 29
|
A continuación
|