|
|
|
|
Na EOI A Coruña pode haber alumnado menor de idade, mais dado que neste centro non hai profesorado de garda, en canto este se matrícula é necesario que os pais/nais/titores legais saiban esta infomación e asinen e dean os datos que se solicitan neste documento.
1. ASISTENCIA E FALTAS DO ALUMNADO.
A información sobre as falta de asistencia do alumnado está á súa disposición na plataforma CentrosNet, á que se accede dende a páxina web da Escola de Idiomas:
2. AUSENCIA DO PROFESORADO.
A Escola Oficial de Idiomas non dispón de profesorado de garda que se poida facer cargo do alumnado cando o/a profesor/a non pode impartir a súa clase.
Nestes casos, seguirase o seguinte protocolo:
2.1. Ausencia prevista:
A información sobre a ausencia do profesorado está á súa disposición na páxina web da EOI, no apartado “ausencia do profesorado”. Neste caso o pai/nai ou titor/a deberá comprometerse a non enviar o menor ao centro ata que o/a profesor/a se reincorpore ou sexa substituído/a.
2.2. Ausencia imprevista. Cando a ausencia do profesorado é motivada por unha causa imprevista, os pais, nais ou titores do menor terán que ou ben vir a recoller ao menor ao seu cargo ou autorizarlo a voltar para casa solo.