|
|
|
|
1. A proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, senón que estritamente fixa o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos da EOI na modalidade oficial
2. A proba de clasificación non outorga automaticamente unha praza: o alumnado deberá optar ás prazas na EOI mediante o procedemento de preinscrición
3. Poderán facer a proba de clasificación aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial e semipresencial.
4. A proba daralle acceso a un curso concreto e só a ese curso; isto quere decir que non poderá matricularse nun curso inferior ou superior ao que indique a proba
5. A proba terá validez para matricularse na modalidade oficial neste curso e no seguinte
6. Se aproba lle dese acceso a un nivel xa cursado e/ou superado anteriormente, a proba quedará sen efecto
7. Para acceder aos estudos das EOIs, incluso a través da proba de clasificación, deberá ter os 16 anos cumpridos no ano natural de comezo dos estudos se o idioma é o mesmo que o cursado na ESO como primeira lingua estranxeira; 14 anos se é un idioma diferente.