|
|
|
|
Quen somos: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Somos un grupo de membros da comunidade educativa (profesores, alumnos e PAS) que temos o compromiso de promover a extensión e a diversidade da lingua galega, de desactivar os estigmas e prexuízos sociolingüísticos nun proceso voluntario e participativo ao que calquera pode unirse.
Queremos potenciar o uso do galego mediante a dinamización a través da lectura, escritura e actividades culturais e lúdicas diversas que promovan a oralidade e participación activa.
Se queres participar e asistir ás diversas actividades que organizamos, podes ver toda a información no apartado do web da Escola e tamén podes estar ao día visitando o no noso taboleiro do vestíbulo da EOI.