|
|
|
|
Recomendacións para o éxito nesta modalidade
1. Compromiso
Unha das vantaxes desta modalidade é que ofrece maior flexibilidade para que os participantes organicen o traballo en función das circunstancias persoais. E esa liberdade á hora de organizar o temporequire un gran compromiso e capacidade de traballar de xeito autónomo.
2. Organización do tempo
Nesta modalidade semipresencial a responsabilidade de organizar o tempo que se adica ao estudo da lingua estranxeira é dos participantes. É recomendable establecer un horario de traballo semanal para traballar de maneira regular. Recoméndase adicar entre 4 e 6 horas semanais ao estudo ademais das horas de clase semanal para acadar os obxectivos do curso.
3. Ambiente de traballo
Ademais dun horario semanal é importante crear un ambiente adecuado de traballo: ter un sitio cómodo e libre de distraccións para adicarlle ao estudo.
4. Cumprimento dos prazos de entrega
No curso hai varias tarefas que hai que realizar na plataforama e débense respectar os prazos de entrega, pois axuda ao desenvolvemento fluído do curso e a ir comprobando o grao de consecución dos obxectivos de cada módulo.
5. Participación activa na plataforma
Na aula virtual hai tamén actividades para interacturar cos demais participantes coma son os foros, wikis e outras actividades colaborativas. Débese participar nelas e colaborar cos demais compañeiros porque o que se fai na aula virtual está relacionado co que se fará na aula presencial.
6. Asistencia as clases presenciais
A modalidade semipresencial compónse dunha parte que se desenvolve na Aula Virtual e outra na aula presencial, polo que hai que asistir as aulas presenciais. Nestas faranse prácticas de produción e coprodución oral, escrita, mediación, entre outras que axudarán a mellorar a competencia lingüística. Ambas as partes, a virtual e a presencial, están entrelazadas e a participación activa en ambas as dúas é fundamental para aproveitar o curso de maneira satisfactoria.
7. Revisión das mensaxes con frecuencia
Débese revisar as mensaxes internas da aula virtual pois as comunicacións do profesorado e outros participantes faise a través do servizo de mensaxería interna da plataforma e o correo electrónico. Recoméndase revisar as mensaxes varias veces á semana.
8. Pide axuda se a precisas
Se xorde algunha dúbida ou dificultade, non agardedes á aula presencial para preguntala. O profesorado está a disposición para guiarvos con calquera dúbida que poidades ter. Escribide a vosa pregunta nos foros de preguntas do curso ou a través da mensaxería interna da Aula Virtual.