|
|
|
|
Que plataforma imos empregar?
Os cursos semipresenciais impartiranse a través da aula virtual do centro. Trátase da plataforma Moodle á que poderás acceder desde a nosa páxina web seguindo estes sinxelos pasos:
- No bloque dereito da páxina web preme no logo de "Moodle - Aula virtual".
- Fai clic en "Crear unha conta nova".
- Enche o formulario cos teus datos persoais:
- Preme en "Crear conta nova"
- Preme despois en "Continuar".
- Vai á túa conta de correo electrónico para confirmar a creación da túa conta premendo na ligazón azul que aparece no corpo da mensaxe recibida.
- Preme en "Continuar" e xa estarías dado/dada de alta na aula virtual.
- Agora poderás acceder a ela premendo no botón que aparece na parte superior da aula virtual "Acceder".
Podes ver este titorial: Guía Moodle para alumnos
Actualiza o teu perfil
Como participar nos foros e gravarse
Como participar no glosario