|
|
|
|
En cantos grupos me podo preinscribir?
En 3, que poden ser da mesma escola ou de varias escolas ou seccións. E en 2 idiomas.
Podo cambiar a miña preinscrición?
Sí, sempre durante o prazo de preinscrición.
Se me preinscribo e me adxudican unha praza pero non me matriculo en prazo, que pasa?
Que perde a praza que se lle adxudicou e xa non terá prazo para unha nova preinscrición.
Se me matriculo en liña e non adxunto toda a documentación, que pasa?
Cando remata o prazo de validacións as prazas que non están validadas ofrécense á oferta da quenda seguinte.
Se me matriculo dun curso ao que non teño dereito a asistir porque non teño ese acceso directo, que pasa?
Debe consultar a información, concretamente as dos accesos directos na páxina da escola. Se se matricula nun curso incorrecto perderá a matrícula porque non se poderá validar.
Como sei se me adxudicaron praza?
Despois das datas indicadas de adxudicación debe entrar de novo na súa preinscrición e, se ten praza, daranlle a oportunidade de se matricular desde esa mesma páxina.
Que fago se ao marcar a cantidade que me corresponde pagar me equivoco?
Debe pagar a cantidade que realmente lle corresponda e avisar na secretaría da escola no momento de validar a matrícula.
Que podo esperar se non me adxudicaron praza?
As persoas que non obteñen praza na 1ª adxudicación quedan nunha listaxe de espera, se ao final hai prazas vacantes seranlles ofrecidas.
Unha vez matriculado/a podo cambiar de grupo?
Unha vez rematado o proceso de matrícula hai un prazo para cambios de grupo. A solicitude de cambio farase en liña e informarase do prazo na páxina web da escola e nos taboleiros dos centros.
Se me pasa a miña quenda de preinscrición ou de matrícula que pasa?
Non poderá preinscribirse ou matricularse nas seguintes quendas. Só ao final de todo o proceso, se quedan prazas libres terá unha opción a matricularse.
Se hai máis solicitudes que prazas como se adxudican?
A aplicación informática fai un sorteo aleatorio. Está todo explicado no punto 2.4 da Resolución de matrícula (16 maio 2023)
Se non me adxudicaron praza que posibilidades teño de me matricular?
A súa solicitude permanecerá en espera mentras non se lle adxudique praza ou remate o proceso de matrícula, polo que terá que estar pendente da páxina da EOI e as información que se vaian dando.