Skip to Content

Comezo do curso escolar 2024/2025

O próximo mércores 11 de setembro comezará o curso escolar 2024/2025.

O horario diferenciado para o primeiro día será de 10 horas a 14 horas, como ven sendo habitual, e xa comezará o servizo de comedor e de aula matinal para o alumnado de 4 e 5 anos.

A partires do xoves 12 de setembro retomamos o horario habitual de 9 horas a 14 horas.

O alumnado de nova incorporación de 3 anos axustarase ao establecido no Periodo de Adaptación

IMPORTANTE: Este curso escolar os accesos nos momentos das entradas e saídas serán polos accesos dos patios exteriores (porta Moreira ao carón do parque da rúa Pintor Colmeiro, e porta Musical ao carón do Aulario).

As chegadas ao centro e as recollidas noutro horario realizaránse, coma sempre, pola porta principal da escola, e mentras non comecen as obras pendentes de execución.

 



blog | by Dr. Radut