Solicitude de comedor escolar 2024/2025
Publicadas as instrucións 2/2024, de xestión de comedores para o vindeiro curso escolar 2024/2025, xa podedes solicitar o comedor escolar do próximo curso para o voso fillo/a. Adxúntase tamén a corrección de erros.
Para iso, tendes que descargar a SOLICITUDE (premer aquí) e o ANEXO-I de autodeclaración (premer aqui), e entregar ambos cubertos na escola como data límite o martes 2 de xullo de 2024.
Podedes envialo tamén por correo co asunto "solicitude comedor 24-25 +nome do neno/a".
Toda solicitude entregada despois da data límite quedará incluida na lista de reserva.
O xoves 4 de xullo publicaranse as listas provisionais de admitidos ao comedor escolar xunto coas listas de reserva, e o venres 12 de xullo publicaranse as listas definitivas.
Tamén podedes recoller os impresos para cubrir na Secretaría da escola.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instrución 2-2024 Comedor escolar 24-25.pdf | 365.19 KB |
Anexo-I Autodeclaracion Comedor 24-25.pdf | 6.36 MB |
Solicitude COMEDOR 24-25.pdf | 69.33 KB |
Correccion erros instrucions.pdf | 254.7 KB |