O noso primeiro Podcast
Neste curso escolar comezamos con moita ilusión a nosa radio escolar, co nome de Vilalaura nas ondas.
Un espazo onde queremos darlle voz aos nosos peques, xa que son os protagonistas do noso facer diario e creemos na importancia de contar as cousas a través da súa mirada.
Dende Vila Laura dámoslle moito valor á comunicación e usamos a radio non só como ferramenta de mellora da calidade na educación senón para mellorar o desenvolvemento competencial e favorecer un modelo inclusivo de participación; un modelo onde todos/as teñan voz.
A través da radio queremos fortalecer a relación entre o centro/familias e a contorna, de xeito que a experiencia da radio educativa mellore o coñecementoe valoración que temos del.
Participaron na elaboración da entradilla e final do programa de radio do Samaín as clases de 5 anos (Indios, Exploradores e Osiños) que formará parte da sintonía da nosa radio e acompañará os programas de radio que se fagan neste curso escolar.
O primeiro dos nosos programas trátase dun tema moi presente nestes días : O SAMAÍN.
Participando na súa elaboración os locutores de 4 anos (clases de Pingüins e Xoañinas).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
WhatsApp Audio 2023-11-03 at 16.44.47.mp3 | 10.26 MB |