Skip to Content

Normas do uso de comedor

Recordámosvos certas normas polas que nos reximos para o uso correcto do Servizo de Comedor na nosa escola.

Podedes ampliar máis información na lexislación vixente (Instrución 3/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cutura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024):

  • As familias teñen que comunicar a ausencia do seu fillo/a ao comedor antes das 9:45 horas. Realizarase a comunicación a través dun correo electrónico ao centro escolar co asunto "Comedor".
  • Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en 3 ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 9:45 horas do día que deba ter efecto, deberán ser suspendidos pola Dirección do centro ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días.

Na espera de saber se nos conceden a ampliación de prazas de comedor, e habendo usuarios/as en lista de espera, é responsabilidade de todos que fagamos un bo uso do Servizo de Comedor.

Atentamente, a Dirección.

 



blog | by Dr. Radut