Skip to Content

blogue deadmin

Documentación importante para alumnado novo 3 anos

                       

Libros de texto curso 2022/2023

                                                      

Solicitude comedor 22/23

Nos arquivos adxuntos podedes descargar a solicitude de praza para comedor para o curso 2022/2023 para o alumnado que non asistiu con anterioridade ó comedor.

 

.

Matrícula 2022/2023

No arquivo adxunto podedes descargar a documentación necesaria para formalizar a matrícula para o vindeiro curso (alumnado novo).

 

Admitidos curso 2022/23

Todas as solicitudes presentadas en tempo e forma foron admitidas (non houbo que baremar).

 

As listaxes de admitidos provisionais estarán na corcheira interior da nosa escola antes do 25 de abril e as definitivas antes do 16 de maio.

Admisión alumnado

 SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023 

 

 Os solicitantes poderán presentar o impreso ED550B de tres xeitos:

-Escrito a man ou ordenador e presentalo no centro.

-A través da aplicación  www.edu.xunta.es/admisionalumnado  e presentala firmada no centro.

-Solicitude creada na aplicación e presentala na Sede Electrónica.

 Nos arquivos adxuntos podedes descargar o manual para as familias e o anexo de solicitude de admisión.

 

 

 

 

Xornada portas abertas Vila Laura

Reserva de praza para o alumnado de 6º de infantil

O alumnado de 6º de Educación Infantil que queira realizar reserva de praza para o centro adscrito Cep Fleming poderá facelo dende o día

                              11 de xaneiro ata o 8 de Febreiro                          

 

Esta solicitude poderase cumprimentar de xeito manual descargando os documentos  que aparecen nos adxuntos e unha vez asinados entregalos no noso centro preferiblemente en horario de 13 a 14 h.

Ou a través da aplicacion do menú www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

Neste último caso poderá utilizarse algunha destas opcións:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. 

     

Na web do Fleming teñen unha mensaxe moi importante de benvida para vós.

                     

 

Calendario renovación Consello Escolar

   No adxunto podedes consultar toda a información

sobre o calendario para a renovación do Consello

Escolar.

Renovación parcial do Consello Escolar

 

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.


O luns día 25 de outubro as 9:00h procederase ao sorteo
para a designación dos membros da Xunta electoral que se constituirá o día 3 de novembro.

Logo da constitución da xunta electoral publicaremos os prazos para a admisión de candidaturas.

 Este ano corresponde renovar: 

  • 3 representantes do sector pais/nais
  • 2 representantes do sector profesorado
  • 1 representante do sector P.A.S

As eleccións celebraránse entre o 22 e 26 de novembro.

Co obxecto de manter os periodos de renovación, os membros do Consello Escolar elixidos conforme ao proceso adiado no curso 20/21 serán nomeados por un período de 3 cursos escolares.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut