Skip to Content

CONTACONTOS DE IGUALDADE

DÍA DO ENSINO

31/10/2024 09:00
Europe/Madrid

O xoves 31 de outubro NON HABERÁ CLASES LECTIVAS ao ser declarado "Día do Ensino" pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, segundo recolle a Orde do 12 de abril de 2024, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/2025 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mobilización por unha atención educativa de calidade

O vindeiro mércores 16 de outubro sairemos á rúa a manifestarnos por unha atención educativa de calidade, na que se poida atender á diversidade das aulas e nas aulas, co profesorado adecuado e correspondente, sen recortes nos cadros de persoal, aspecto no que o alumnado se ve perxudicado.

Contamos co voso apoio e participación!

Suspensión das actividades no exterior

Debido ao nivel laranxa por vento para mañá mércores 9 de outubro, a Comisión Escolar de Alertas acordou a SUSPENSIÓN de actividades no exterior en todos os centros educativos de Galicia, polo que tanto os patios como as actividades extraescolares se levarán a cabo no interior dos edificios da Escola.
Moitas grazas.

A Dirección.

Eleccións 2024 para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar

COMUNICACIÓN Á COMUNIDADE ESCOLAR SOBRE O INICIO DO PROCESO ELECTORAL

 

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO

 CONSELLO ESCOLAR

 

Comunícase a Comunidade Educativa (mestras, pais/nais e persoal de administración e servizos) deste Centro que o mércores 09 de outubro, ás 13:40 horas, na ENTRADA PRINCIPAL, iniciarase o proceso de eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, coa elección por sorteo público dos compoñentes da XUNTA ELECTORAL, composto polo Director, 1 mestra, 1 pai/nai e 1 representante do persoal de administración e servizos, que organizarán e supervisarán todo o proceso. Neste mesmo sorteo designarase tamén membros suplentes.

 

Nestas eleccións corresponde renovar 2 representantes do profesorado, e 3 representantes do sector pais/nais.

 

En Vigo, a 07 de outubro de 2024

 O director.

Presentación dun Contacontos

Coa idea de fomentar a lectura na infancia, dámoslle difusión á presentación dun contacontos que se celebrará o venres 4 de outubro, Día Mundial dos Animais, ás 18:30 h no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO).

A actividade en vivo, dirixida ao público infantil (nenas e nenos de 3 a 6 anos acompañados dun adulto) é gratuíta e limitada ao aforo da aula didáctica do MARCO, polo que é NECESARIA PREVIA INSCRICIÓN no seguinte formulario:

https://forms.gle/F1vpPKgbmbzrrK9f6

 

Menús comedor mes de Outubro

Comezo do comedor alumnado de 3 anos

O vindeiro luns 23 de setembro comeza a funcionar o servizo de comedor para o alumnado de 3 anos.

Poderedes pasar a recoller aos nenos/as a partires das 15:15 horas e ata as 16:00 horas que remata o servizo.

Igualmente o servizo de madrugadores estará tamén dispoñible a partires das 8:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut