Skip to Content

Membros elixidos para a renovación parcial do Consello Escolar

Realizadas as votacións nos distintos sectores (nais/pais, PAS e profesorado) para a renovación parcial do Consello Escolar, cubertas as actas e remitidas á Xunta Electoral, corresponde a ésta proclamar as candidatas elixidas.

Asi, saíron escollidas as seguintes persoas:

SECTOR NAIS/PAIS

Dª Soraya Cortiñas Ansoar

Dª Laura Mallón Berdullas

Dª María Lago Preciado

SECTOR PAS

Dª Almudena Núñez Cameselle

SECTOR PROFESORADO

Dª Beatríz Álvarez Pereira

Dª Raquel Riego Montes

 

Non houbo reclamacións nin incidencias.

Calendario de votación (dia e horas) para a renovación parcial do Consello Escolar

O vindeiro martes 19 de novembro de 2024 celebraranse as votacións dos pais/nais do alumnado desta Escola para a renovación parcial dos seus membros no Consello Escolar.

Os horarios das votacións serán:

De 08:45h a 9:30h,

De 13:45h a 14:15h,

e de tarde, entre as 16:00h e as 17:30 horas.

 

Tendes máis información no documento adxunto (premer aquí), onde veredes o listado das candidatas, a papeleta das votacións, e todo canto debedes saber para que o proceso de votación e elección se desenvolva nos términos legalmente establecidos.

Papeletas votación sector pais/nais

A continuación podedes descargar a papeleta que se empregará nas votacións á renovación parcial do Consello Escolar en canto ao sector de pais/nais.

Premer aquí.

Semana da Froita

Dentro do noso Plan de Actividades físicas e hábitos saudables, presentámosvos a "Semana da Froita", na que vos animamos a que, durante toda a próxima semana, enviedes froita nas merendas dos vosos fillos/as.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Outono no Vila Laura

Exposición "Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar"

Aproveitando que esta semana se pode visitar na Escola a exposición de Sombreiros elaborados polas familias para Samaín, invitámosvos tamén a visitar a exposición titulada "Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar", encuadrada no ciclo de charlas e actividades de Igualdade promovida pola nosa ANPA neste mes de novembro.

A exposición poderá visitarse dende o luns 4 ao venres 8 de novembro en horario de 16:00 horas a 17:30 horas.

 

Menús comedor mes de Novembro

Calendario Electoral

A continuación podedes descargar /visualizar o Calendario Electoral para a renovación parcial do noso Consello Escolar, aprobado pola Xunta Electoral na súa reunión do 22 de outubro de 2024.

Visualizar Calendario Electoral (premer)

Comunicación á Comunidade Educativa do Calendario Electoral

A continuación podedes descargar /visualizar un documento que contén a comunicación á Comunidade Escolar do resumo do Calendario Electoral cos aspectos máis importantes.

Visualizar Comunicación (premer)

Samaín

Distribuir contido


by Dr. Radut