VISITA DO IES AGUAS VIVAS
Na viaxe que fixemos a Madrid para recoller o premio da Fundación Triodos, tivemos a oportunidade de coñecer a centros de toda España que están a traballar nos seus propios Hortos Educativos.
De entre todos eles, co IES Aguas Vivas, en Guadalajara, acordamos ter unha colaboración máis estreita. Os rapaces que estudan neste centro teñen idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, e nós, dende a nosa Escola de Educación Infantil estamos a colaborar con eles... da etapa educativa máis temperá aos cursos máis altos!!
Farán a súa viaxe de fin de curso a Galicia, en concreto a Moaña. Xa estamos desexando que chegue o mes de xuño para telos aquí connosco!!
Xuntos, faremos distintas actividades como repoboar o monte ou limpar a praia. Pero tamén virán a visitar o noso cole.
Eles xa están quentando motores ao igual que nós. Compartimos un vídeo interesantísimo sobre o traballo tan inspirador que están a realizar de concienciación sobre o coidado do medioambiente....
Comeza a aventura!!!