Con esta proposta de actividades traballaremos ambas conmemoracións, o Día da lingua materna(21 de febreiro) e o Día de Rosalía(24 de febreiro). O primeiro co obxectivo de promover o plurilinguísmo e a diversidade cultural e o segundo por coñecer a Rosalía e a súa obra, na data do seu nacemento... O galego como a lingua materna dos nosos avós, pais/nais... como a nosa lingua e como a lingua de Rosalía.
Se queredes coñecer á nosa escritora galega universal facede clic:
Traballaremos sobre catro versos dun poema Eu ben vin estar o moucho, de Rosalía, musicados polo grupo Migallas, unha versión divertida que xoga coa rítmica do texto e o ritmo da música.
Escoita tamén o rap Sempre Rosalía, escrito polo músico e mestre Iván Vale para esta conmemoración.
Agora querémosvos amosar o traballo realizado no centro ao longo destes días para conmemorar estas dúas datas, especiais para nós e para a nosa lingua.
Os nenos/as de 5 anos nos agasallan cun poema de Rosalía do seu libro Cantares Gallegos, publicado por primeira vez o 17 de maio de 1863, Cantar hei, Galicia:
Tódolos nenos/as do cole cantaron e aprenderon a canción do moucho, creamos e elaboramos mouchos utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas... Así quedou a nosa aportación e deste xeito nos sentimos máis unidos...
Con este vídeo participamos na proposta cultural do Concello de Viveiro Voces para Rosalía: