O próximo 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007 este día para poñer de relevo a necesidade de contribuír á mejora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
Neste sentido, o movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, desenvolve unha campaña de concienciación que pon o foco en dúas áreas fundamentais para a inclusión e mejora da calidade de vida do colectivo TEA: a educación e o emprego. Por iso é polo que se elixiu como lema “Podo aprender. Podo traballar” e, como imaxe da campaña, varias mans sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. Ademais, a imaxe preséntase en cinco cores diferentes, reflectindo así a diversidade existente dentro do espectro do autismo.
Atendendo a este lema, os principais obxectivos desta Campaña son:
1. Aumentar a concienciación sobre o autismo na sociedade e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluír e apoiar ás persoas con TEA.
2. Mellorar o acceso á educación e o emprego para o colectivo.
3. Conseguir o compromiso dos representantes políticos para facer efectivos os dereitos das persoas con TEA nestes dous ámbitos principais.
É por iso, que desde o centro, queremos sumarnos a esta inicitiva; para o que vos propoñemos a seguinte tarefa: que os nenos e nenas escollan unha ferramenta ou utensilio que lles guste moito facer ou que lles saia moi ben, e que o sosteñan coa súa man. Mandádenos a foto (só da man na que se vexa o utensilio ou ferramenta) para poder completar así o seguinte vídeo que vos presentamos coas nosas propostas (tedes de prazo ata o día 1 de abril, para que nos dea tempo de motar todo). Esperamos que vos guste (VÍDEO).
TEATRO DE SOMBRAS | hai 12 anos 48 semanas |
International Day of peace | hai 6 anos 39 semanas |
Pictogramas | hai 6 anos 39 semanas |
DIA DE ROSALÍA | hai 6 anos 39 semanas |
A BIBLIOTECA DE LIBRÍN | hai 6 anos 8 semanas |