Skip to Content

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2022

11/11/2022 09:30
  1. O día 11 de novembro comeza a campaña para presentar as candidaturas. Presentaranse por escrito, diante da Xunta Electoral, ata o 18 de novembro de 2022, antes das 14:30 horas. A Xunta Electoral proclamará a lista de candidatos/as e publicarase no taboleiro da escola.

  2. O censo electoral está exposto dende o 10 de novembro. As reclamacións ao mesmo poderanse presentar por escrito dirixidas ao Presidente da Xunta Electoral ata o 17 de novembro, antes das 14:30 horas. A Xunta Electoral publicará no taboleiro de anuncios as resolucións ás reclamacións presentadas.

  3. As persoas integrantes da Mesa Electoral designaranse, mediante sorteo público, o 21 de novembro ás 09:30 horas.

  4. As votacións celebraranse o martes 29 de novembro, en horario de 9:30 a 10:00 , de 14:30 a 15:00horas.

  5. Poderán facer uso do voto os nais/pais e, se é o caso, representantes legais do alumno/a.

  6. Para votar presentarán, diante da Presidenta da Mesa Electoral, o seu DNI ou outro documento que acredite a súa identidade.

  7. Publicación dos/as candidatos/as electos/as o 1 de decembro.

A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL



event | by Dr. Radut