Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN. 1-21 MARZO 2022

Aquí tedes toda a información referente ao proceso de admisión do alumnado de cara ao vindeiro curso 2022/2023.

 

Cando?

O proceso comeza o 1 de marzo do 2022 e remata o 21 de marzo do mesmo ano. 

 

Como?

Pódese facer de dúas formas:

* De forma presencial, entregando a documentación na escola na que se quere matricular. A documentación a presentar podedes recollela na nosa escola a partir do 4 de marzo en horario de 09:00 a 09:30 e de 14:30 a 15:00 de luns a venres, e de 16:00 a 18:00 os luns. Se non, podedes imprimila e entregala no centro unha vez cuberta. Os documentos a cubrir son o Anexo II da Orde do 12 de marzo do 2013 (páxs. 34-38), á que se pode acceder facendo clic na seguinte imaxe:

 

* De forma telemática, seguindo as instrucións que se facilitan no documento ao que tedes adxunto ao final desta páxina.

 

 

 

 

Ante calquera pregunta, non dubidedes en escribirnos ao correo: eei.rial@edu.xunta.gal

 

 

 

 

AnexoTamaño
InstruciónsAdmisiónPicadoSolicitudes.v.02.pdf112.67 KB


page | by Dr. Radut