O 1 de marzo comeza o PROCESO DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE INCORPORA POR PRIMEIRA VEZ OU CAMBIA DE CENTRO. É moi importante estar atentos ós prazos:
SOLICITUDE ORDINARIA DE ADMISIÓN
1 - 22 DE MARZO (ambos inclusive)
COMO É O PROCESO?
Existen dúas vías:
- De xeito manual: cubrimos o ANEXO II e entregámolo no centro DE PREFERENCIA.
- ANEXO II (CASTELLANO)
- Telematicamente (recomendada): a través da aplicación do seguinte xeito:
- Cubrimos a SOLICITUDE
- (IMPORTANTE!) PRESENTÁMOLA no centro de preferencia ou ben na SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representates legais.
No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
A solicitude de admisión irá acompañada dos seguintes documentos:
- Documento acreditativo do requisito de idade (DNI do neno/a, por exemplo).
- Fotocopia DNI de ambos proxenitores.
- Convenio regulador (en caso de separación ou divorcio).
NORMATIVA:
Decreto 254/2012, do 13 de decembro
Orde do 18 de decembro de 2020
Manual de admisión para as familias
Anexo | Tamaño |
---|---|
VACANTES EEI DO RIAL 20-21.pdf | 108.59 KB |