A vindeira semana comeza o PROCESO DE RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO QUE VAI CURSAR 1º DE PRIMARIA NO CEIP DE ROXOS que é o noso centro adscrito polo que debedes estar atentas/os ós prazos:
RESERVA DE PRAZA
11 DE XANEIRO Ó 8 DE FEBREIRO
COMO É O PROCESO?
Existen dúas vías:
- De xeito manual (como en cursos anteriores): cubrimos o ANEXO I e entregámolo no centro.
- Telematicamente (recomendada): a través da aplicación do seguinte xeito:
- Cubrimos a SOLICITUDE
- (IMPORTANTE!) PRESENTÁMOLA no centro de orixe (EEI do Rial) ou ben en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
- De facelo a través da Sede electrónica debe presentarse tamén o Anexo I BIS dixitalizado: ANEXO I BIS
NORMATIVA:
Decreto 254/2012, do 13 de decembro
Orde do 18 de decembro de 2020
ANEXO I (FORMULARIO DE RESERVA) - GALEGO
ANEXO I (FORMULARIO DE RESERVA) - CASTELÁN
ANEXO I BIS (COMPROBACIÓN DOS DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR)