Moi boas familias!
Como xa sabedes, ao longo deste trimestre estivemos traballando os DINOSAURIOS, e queremos mostrarvos algunhas das actividades que fixemos ata o momento.
INVESTIGAMOS E APRENDIMOS CANDO E CANTO VIVIRON OS DINOSAURIOS.
SABIADES QUE A PELÍCULA JURASIC PARK, TÍÑANOS ALGO CONFUNDIDOS? AINDA QUE SE CHAMARA JURASIC, A MAIORIA DOS DINOSAURIOS QUE SAEN NELA COMA O T-REX OU O VELOCIRAPTOR,SON DO ÚLTIMO PERIODO DA SUA EXISTENCIA:O CRETÁCICO.
APROVEITAMOS OS DÍAS DE SOL PARA DEBUXAR DINOSAURIOS XIGANTES.
GRAZAS AO DINOSAURIO XIGANTE QUE FIXO A PROFE SILVIA (INGLÉS) CON NOS, TRABALLAMOS ALGUNHAS DAS PARTES DOS SEUS CORPO, DICIMOS ALGUNHAS PORQUE NON TODOS SON IGUAIS, ALGUNS TEÑEN UN COLAR ÓSEO COMO O TRICERAPTOS, CORNOS COMA O ESTYRACOSAURIO, ESPIÑAS COMO TEN O ESTEGOSAURIO NA SUA COLA, PINCHOS COMA O ANQUILOSAURIO...
LEMBRÁDESVOS DOS DINOSAURIOS QUE PINTAMOS NO PATIO? POIS TOCA DARLLES DE COMER A CADA UN O QUE LLE TOCA, SE SON HERVÍVOROS, PRANTAS, HERVA, FOLLAS (NO NOSO CASO DÁMOSLLE VERDURAS E ALIMENTOS QUE SAEN DA TERRA), E SE SON CARNÍVOROS, CARNE DOUTROS DINOSAURIOS OU ANIMÁIS, OVOS...(NO NOSO CASO PENSAMOS NOS ALIMENTOS QUE PROCEDEN DOUTROS ANIMAIS E DÍMOSLLES UN POUCO DE CARNE).
OS CARNÍVOROS TIÑAN OS DENTES AFIADOS PARA PODES ESGARRAR A CARNE, PERO OS HERVÍVOROS UNS TIÑAN PICO E OUTROS DENTES, PERO PLANOS, PARA ASÍ PODER ARRINCAR AS FOLLAS DAS ÁRBORES, COMO O BRAQUIOSAURIO
TAMEN FIXEMOS EXPERIMENTOS
OS DINOSAURIOS QUEDARON ATRAPADOS NO XEO, E DESPOIS DE PENSAR DIFERENTES POSIBILIDADES DE LIBERALOS, OPTAMOS POR PROBAR CON SAL, AUGA QUENTE E AUGA FRIA.
SABEDES QUEN SE LIBEROU ANTES? O DINOSAURIO QUE ESTIVO CON AUGA QUENTE, E DESPOIS? POIS O DINOSAURIO QUE TIÑA SAL (PUDIMOS VER COMO O SAL TAMEN DERRITE).
FIXEMOS MOITAS MÁIS COUSAS, PERO NON VOLAS IMOS A MOSTRAR TODAS Á VEZ, QUEREMOS DEIXARVOS CON GANAS.
SEGUIREMOS INFORMANDO!
UNHA APERTA