PROCESO DE ADMISIÓN

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023/24

 

  • Reserva de praza Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

  • Publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado 22 de febreiro.

  • Publicación vacantes antes do 1 de marzo.

  • Presentación solicitude admisión Do 1 ao 20 de marzo.

  • Presentación documentación xustificativa en caso de baremar 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos en non admitidos 25 de abril.

  • Prazo de reclamación 5 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación das listaxes.

  • Publicación das listaxes definitivas o 15 de maio.

  • Prazo de reclamación Contra esta relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o Xefe Territorial, no prazo dun mes contando a partir do día seguinte ao da súa publicación.

  • Centro de adscriciónCPI CURROS ENRÍQUEZ

  • Formalización de matrícula en EI e EP Do 20 ao 30 de xuño

 

 NORMATIVA QUE O REGULA:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 21 de outubro de 2022pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

     

 1º. As solicitudes (ED550A e ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Mediante Chave 365.

 

 Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.