EEI O GRUPO

                                                

 

 

   

       

 

                                

    

 

SOLICITUDES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA 1º DE PRIMARIA NO CURSO 2021-2022

O xoves 20 de maio publicouse no DOG a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

                As axudas deberán solicitarse:

-         

No CEP O Sequelo para o alumnado que fixo reserva de praza para 1º de Primaria nese centro.

-         

No centro onde solicitaron praza escolar para 1º de Primaria e foron admitidos-as

-       Na EEI O Grupo para o alumnado que solicitou admisión para 1º de Primaria nalgún centro no que non foi admitido-a e está pendente de que se adxudique praza de 12:30 a 14:00 horas.

Prazo  ata o día 22 de xuño de 2021, incluído, nos horarios establecidos por cada centro.

Xuntamos arquivos da orde, do Anexo I e das instrucións do CEP O Sequelo ao que estamos adscritos. 

O enlace á información do CEIP Carballal é:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdocarballal/node/710

Nas webs doutros centros poderán atopar a información de cada un.

 

AdxuntoTamaño
Orde 6 de maio de 2021.pdf1.2 MB
ANEXO I.pdf1.79 MB
INSTRUCIÓNS SOLICITUDE DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-22 CEP O SEQUELO.pdf227.51 KB