LETRAS GALEGAS 2024
LETRAS GALEGAS 2024
Como todos os anos, aquí están as pegadas en galego elaboradas polos nenos e nenas do Areal coas súas familias. Pretendemos achegar a nosa lingua á contorna máis próxima.
Durante o día das Letras Galegas, podedes recoller unha na Librería Vernet en Baiona.
Desexamos que lles gusten e que nos escriban ao enderezo electrónico da escola (eei.oareal@edu.xunta.gal) para contarnos que lles pareceu esta iniciativa.
Pero isto non foi o único que fixemos, xa que realizamos outras actividades.
Coñecemos a biografía de Luisa Villalta e o seu libro “Alma de Violino”.
Elaboramos un mural da autora homenaxeada.
Realizamos lecturas en galego durante toda a semana.
E desfrutamos dunha familia que quixo colaborar connosco nesta semana das letras, tocando a gaita e ensinándonos os traxes tradicionais galegos.