Skip to Content

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24

Só alumnado de 6º de EI que o próximo curso 23/24 pasa a 1º de Educación Primaria

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas para a compra de LIBROS e MATERIAL escolar.

O prazo para presentar a documentación: do 20 de maio ao 21 de xuño, preferiblemente por vía electrónica ou tamén no seu propio centro educativo

Consolídase a subida do bono de material a 75 € para familias cunha renda per cápita inferior a 6.000 € e créase un novo vale de 60 € para o tramo de 6.000 a 10.000 €

No caso dos libros, as axudas para o alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial experimentan unha suba xeneralizada ata máximos de 300 €

 

Podesdes consultar toda a información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

  • Electrónica: a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ (na presentación electrónica deberá presentarse unha solicitude individual para cada un dos fillos/as).
  • Presencial con asistencia de aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os ANEXOS I e II producidos e presenteos no centro (NO QUE CURSARÁ 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA).
  • Presencial: Utilice os ANEXOS I e ANEXO II da Orde da Convocatoria. Descargar aquí: https://drive.google.com/file/d/19sAY-xJsLF5d-5cYeuiEL3L3WGB7FdgF/view?usp=share_link

 



page | by Dr. Radut