LETRAS GALEGAS 2022
Aquí están un ano máis, as pegadas en galego que elaboraron os nenos e nenas do Areal. Con elas pretendemos achegar o galego ás familias da nosa escola e tamén á contorna próxima.
Para iso, durante o día 17 de maio, a panadería Rayti de Baiona encargarase de repartir as nosas pegadas como agasallo do día das letras galegas aos seus clientes.
Desexamos que lles gusten e que nos escriban ao enderezo electrónico da escola (eei.oareal@edu.xunta.gal) para contarnos que lles pareceu esta iniciativa.
Pero… isto non foi o único que fixemos, xa que realizamos outras actividades.
Coñecemos a biografía Florencio Delgado e o seu poema “A miña bandeira Galega”
Elaboramos un fermoso mural.
E desfrutamos coa música das pandeiretas do seu poemario.