Hoxe, 26 de outubro de 2021, comeza o proceso de eleccións dos consellos escolares 2021. Durante este proceso, irase colgando toda a información relativa á celebración de elección do novo CE na páxina web da Escola. Ademais daranse avisos mediante a APP Abalar móbil para recordar o calendario do proceso.
A continuación se publica a normativa reguladora dos consellos escolares e circulares aclaratorias por se tedes algunha dúbida.
-
Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88). Corrección de erros, DOG, 03/05; 24/05, e 15/06/88). Modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril (DOG do 17 de maio) e polo Decreto 324/1996).
-
Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.
-
Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.
-
Orde do 21 de outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, e se fixan as súas datas de celebración.(DOG do 22)
-
Orde do 29 de outubro de 1996 pola que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario de características singulares, de educación especial e educación de adultos. (DOG do 4 de novembro). Corrección de erros DOG 15-11-96.
-
Orde do 28 de agosto de 1996 pola que se regula o procedemento de elección dos órganos de goberno dos centros privados concertados. (DOG do 26 de setembro).
-
ORDE do 25 de abril de 2014 pola que se regula o procedemento para a designación das persoas representantes de organizacións sindicais nos consellos sociais dos centros integrados de formación profesional de Galicia, que modifica a Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula a organización e o funcionamento do Consello Social dos centros integrados de formación profesional de Galicia.
-
CIRCULAR NÚMERO 1/98, DO 2 DE FEBREIRO, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E INSPECCIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE ACLARAN POSIBLES DÚBIDAS EN RELACIÓN CO PROCESO DE ELECCIÓN, COMPOSICIÓN E CONSTITUCIÓN DOS ÓRGANOS DE GOBERNO DOS CENTROS PÚBLICOS.
-
CIRCULAR N° 18/00 DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E INSPECCIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE COMPLETA A CIRCULAR NÚMERO 1/98 POLA QUE SE ACLARAN POSIBLES DÚBIDAS EN RELACIÓN CO PROCESO DE ELECCIÓN, COMPOSICIÓN E CONSTITUCIÓN DOS ÓRGANOS DE GOBERNO DOS CENTROS PÚBLICOS DE ENSINANZA NON UNIVERSITARIAS.
-
RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Con todo isto, ponse en coñecemento da comunidade educativa, que o vindeiro 29 de outubro comezará o proceso de renovación do consello escolar 2021.
Este mesmo día, 29/10/2021 ás 09:15 horas, segundo o Decreto 92/1988, do 28 de abril e as disposicións que o desenrolan, iniciarase o proceso de eleccións para a renovación dos membros do Consello escolar, terá lugar o sorteo público dos pais/nais que, xunto coas mestras e a directora, comporán a XUNTA ELECTORAL, encargada de organizar e supervisar dito proceso.
Nestas eleccións, polo número de unidades da escola, segundo o decreto 374/1996, do 17 de outubro, hai que renovar DOUS (2) representantes dos pais/nais. Un dos representantes será proposto pola ANPA e outro, será escollido por votación na mesa electoral. Ademais, haberá renovación de UN (1) representante do profesorado.
Dende o centro pedimos a vosa participación e agradecemos a vosa colaboración.