Skip to Content

LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2021

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos" e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

Este ano dedícanse a Xela Arias Castaño, poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia.

Na escola, un curso máis, fixemos diferentes actividades relacionadas con esta data.

 

UN MURAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

AS PEGADAS EN GALEGO

Esta fermosa actividade iniciouse o curso 2017/2018. Cada nena/o da escola elabora a súa pegada cunha palabra en galego e un debuxo relacionado coa mesma. Ademais complétase co seu nome e o curso ao que pertence. Unha vez rematadas entregáronse en comercios da nosa vila, que se encargarán de repartilas como agasallo durante o 17 de maio. Así poderemos espallar as nosas letras en galego tratando de chegar a moita xente. Lembrade que un ano, unha das nosas pegadas chegou a Polonia.

 

 ACTUACIÓN DE ESTEBAN DE TARABELOS

Un ano máis Esteban deleitounos cunha función entretidísima titulada “O traxe novo do rei”. Coma todas as súas actuacións, foi un éxito. Gustounos moitísimo!.

OUTRAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CON ESTE DÍA

Na escola tamén se realizaron outras actividades para dar a coñecer ao noso alumnado a vida e obra da homenaxeada. Fixeron xogos no encerado dixital, pequenos traballos en papel, aprenderon obras, etc.

E xa para rematar, para os máis curiosos/as  deixamos unha ligazón na que podedes descargar un díptico con máis información adaptada á lectura dos nenos/as con pictogramas. sobre Xela Arias.

http://seminariogalan.org/2021/1619044851.pdf



page | by Dr. Radut