PAUTAS PARA O VERÁN A.L.
PAUTAS PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE NA CASA DURANTE O VERÁN
➔ Desenvolver as capacidades comunicativas do neno/a FALÁNDOLLE e ESCOINITÁNDOO/A atentamente, sen interromper e contestando as súas preguntas.
➔ ENSINARLLES A RESPECTAR OS TURNOS DE CONVERSA. Non falar ao mesmo tempo que o neno/a, esperar a que remate.
➔ FALAR DESPACIO E DE FORMA CLARA. Non empregar frases moi complexas nin abusar de diminutivos.
➔ NON SOBREPROTEXELO/A porque tenden a utilizar poucas palabras:
◆ Non darlle as cousas se só as sinala cando realmente pode pedilas con algunha palabra.
◆ Tampouco darlle as cousas cando as pide con frases incompletas se é capaz de dicilo mellor.
◆ Non respostar por el/ela aínda que a súa linguaxe sexa pouco comprensible.
◆ Deixar que se exprese libremente.
➔ NON SER EXCESIVAMENTE CORRECTORES E ESIXENTES. Corrixir de forma indirecta, dándolle o modelo correcto.
➔ Cando o neno/a sexa capaz de expresarse con palabras, axudarlle a PRODUCIR FRASES CURTAS engadindo máis palabras.
➔ Debedes acostumalos a ser INDEPENDENTES, vestirse e espirse sós, comer, bañarse, recoller xoguetes… (poden facer moitas cousas se se lles deixa aprender).
➔ PODEDES FALARLLES SOBRE PERSOAS, OBXECTOS E FEITOS que estén presentes no momento, aproveitando calquera situación cotidiana (baño, comida, vestido, paseo, xogo…)
➔ REALIZAR ACTIVIDADES CONXUNTAS. Elixir algo para facer xuntos, canto máis novidoso mellor. Por exemplo: facer un puzzle, ordenar un caixón, facer un bocadillo, encher a bolsa da praia… Non importa como saia a tarefa senón compartir ese momento. Evitar dar ordes, senón realizar preguntas abertas: ¿Donde o poñemos?, ¿Agora que facemos?...
➔ PRACTICAR XOGOS DE ESCOITA: ler contos, imitar o son de animais, cantar cancións, facer xogos de adiviñas a partir de descricións dun obxecto (ex: é unha froita vermella e redonda) ou da súa función (serve para escribir). ➔ XOGAR A: “veo-veo”, adiviñar os sons que escoitamos, facer ximnasia coa lingua (praxias linguais), poñer caras feas, dicir nomes de obxectos que aparecen nun debuxo, agrupar obxectos por familias (froitas, xoguetes, alimentos, roupa…) E O MÁIS IMPORTANTE Estar sempre dispoñible para comunicarvos co voso fillo/a, facéndolles sentir o voso interese polo que vos quere dicir, prestando atención e valorando as súas vivencias, acercándovos o máximo posible ao seu mundo.
BO VERÁN!
PD. Tedes o PDF no curso MATERIAL INFORMATIVO na aula virtual da escola ou facendo clic AQUÍ