Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía de Castro. Na escola quixemos dedicarlle un anaco do noso tempo para coñecer un pouco máis sobre a súa vida e obras.

Todas as nenas e nenos da escola elaboraron unha rosa con material de refugallo  porque é o símbolo da escritora. Ademais o alumnado de 6º de infantil aprendeu e recitou unha parte do coñecido poema “adiós, ríos; adiós, fontes”  que podedes ver a través desta ligazón. Fixérono xenial, asi que esperamos que vos guste!

 



page | by Dr. Radut