Skip to Content

CONTACONTOS DE IGUALDADE

O pasado venres desfrutamos dunha sesión de contacontos a través do proxecto de igualdade no que está inmerso a AMPA do cole e a propia escola. Os nenos e nenas dende idades temperás deben ir concienciándose da importancia do respecto, da tolerancia e da igualdade.

 

Aproveitamos dende esta entrada da web, para agradecer ás familias que asistiron a charla informativa dentro deste mesmo proxecto. Realmente foi moi interesante e abriunos os ollos ós que pesamos que estamos actuando do xeito correcto. Foi unha mágoa que a asistencia fora tan baixa! Non deixedes de participar nas actividades que se promoven dende a escola.

 

Se queredes ver mais fotos podedes entrar na aula virtual do centro.



page | by Dr. Radut