Skip to Content

APÚNTATE Á COMPOSTAXE!

Como xa sabedes na escola temos dous composteiros para producir o noso propio abono. Pedimos a vosa colaboración para que nos axudedes a enchelos. Por iso poñemos unha datas fixas para que nos traiades (se é posible) os restos que producides na vosa casa e que para nós son moi útiles.

  • Os nenos/as de 6º de infantil poderán traelos todos os martes (ás 9:00 horas).
  • Os nenos/as de 5º de infantil poderán traelos todos os xoves (ás 9:00 horas).
  •  e os nenos/as de 4º de infantil poderán traelos todos os mércores (ás 9:00 horas).

É moi importante que respetedes os días de entrega por cursos porque é cando teñen a sesión de horto e poden ir levalos ao composteiro.

Os restos deben vir en bolsas de plástico ben pechadas e teñen que vir picados en anacos. Por exemplo, se botades unha cenoria,  evitar botala enteira (debedes picala en varios anacos).

Moi importante:

As bolsas deben conter só restos de froita e verdura, pousos de café, cáscaras de ovo lavadas e machacadas e/ou anacos de pan.

 

Se queredes saber máis sobre a compostaxe podedes visitar o seguinte enlace:

https://www.youtube.com/playlist?list=PLI8kT8CUmE5nttollolzU1roWSLRSWPtt



page | by Dr. Radut