Skip to Content

Ensinar hábitos de autonomía

¿POR QUÉ É IMPORTANTE A AUTONOMÍA PERSOAL?

• O desenvolvemento da autonomía persoal é un obxetivo prioritario na educación e no desenrolo dun nen@. Considérase autónomo aquel que é capaz de realizar sen axuda, aquelas actividades propias da súa idade, da súa capacidade e do seu entorno socio cultural.

• Un neno ou unha nena pouco autónom@ adoita ser dependente, require axuda continua, ten pouca iniciativa, e ten maiores dificultades para solucionar os problemas propios da súa idade.

• Esas mesmas características poden reflectirse na súa aprendizaxe ou na relación con outros nen@s.

¿QUÉ HABITOS ENSINAR?

• A norma xeral é que todo o que o nen@ poida facer só, sempre que non poña en risco a súa seguridade, debe facelo el mesmo.

• Tamén é válido como criterio ensinar hábitos que teñen adquiridos a maioría dos nen@s da súa mesma idade.

• Como guía, poden servir os seguintes hábitos, expostos en distintas áreas:

HIXIENE: todo o referido a hixiene e autocoidado persoal. Por exemplo: control de esfínteres, lavar as mans só, peitearse, ...

VESTIDO: o uso das prendas e o seu coidado. Poñerse diferentes prendas: pantalóns, zapatos, calcetíns, abrigo, botóns, ...), gardalas lugar axeitado, elixir a propia indumentaria, ...

COMIDA: relacionado coa súa conduta alimentaria: comer só, respectar as normas básicas de educación na mesa, poñer e recoller a mesa, ...

VIDA EN SOCIEDADE E NO FOGAR: son hábitos referentes á relación cos demais, a utilización dos servizos comunitarios e a conduta no fogar: saudar á xente coñecida, escoitar, pedir por favor, dar as grazas, respectar as quendas, pedir prestadas as cousas, evitar perigos (enchufes, cruzar a rúa...), ordenar as súas pertenzas, usar o teléfono...

¿CÓMO SE ENSINAN?

A meirande parte dos nenos funcionan moi ben con rutinas, polo tanto o ideal será conseguir que eses hábitos se transformen en rutinarios. Cunha práctica axeitada, os hábitos apréndense en 20 ou 30 días.

1. Explicarlles o que se lles vai esixir, evitando pensamentos do tipo "prefiro facelo eu que o fago antes e mellor". Ten que ser algo axeitado a súa idade. haberá que ser constantes e facelo en todos os lugares. E todos os que rodean ao nen@ deben pretender o mesmo, por exemplo non vale que mamá diga unha cousa e papá outra.

2. Dicirlle que ten que facer e como debe facelo, en poucas palabras e trasmitindolle seguridade, dándolle primeiro un modelo (deberedes facelo vós antes para que observe como se fai, narrando en todo momento o que estades a facer), e asegurarvos de que comprende as instrucións.

3. Unha vez que se lle deron as pautas, haberá que practicar, deberedes ofrecerlle moitas ocasións de práctica, recordándolle, se fose necesario, os pasos que debe seguir. Será moi importante eloxiar os seus primeiros avances pois así estaredes aumentando a súa motivación. Os apoios iranse retirando pouco a pouco. Tende en conta que trátase dun proceso longo, polo que deberase dispor de tempo suficiente.

4. Hai que revisar como vai realizando o encomendado, e se non está de todo ben, proporlle como podería mellorar. Como dixemos anteriormente, será importante eloxiar e valorar a súa realización, pois suporá unha motivación extra para o nen@.

E ADEMAIS...

• Algúns pais/nais habitualmente dicides que os vosos fill@s saben facer as cousas, pero que finalmente, preferides facelo vós por presa ou inseguridade. Isto a longo prazo fará que os nen@s non teñan autonomía e cando queirades que fagan algo eles sos, non saberán facelo ou negaranse.

• Por outro lado, se llo ofrecedes como un privilexio ("xa es maior...") aceptarano mellor que se o facedes coma un mandato sen mais.

• Tende en conta que a maioría dos nen@s con idades entre os 2 e os 4 anos, si queren facer as cousas por si mesmos e sodes os propios pais/nais os que non llo permitides, por iso hai que aproveitar eses anos para impulsar e animar a súa autonomía persoal.

 



page | by Dr. Radut