Skip to Content

E si non fai caso?

1. POR QUE NON OBEDECEN?

 

Os nenos non fan caso por diferentes motivos, a continuación expoñemos os mais frecuentes: 

  •  Non comprenden as ordes.
  •  Dánselles moitas ordes seguidas.
  • As ordes non se dan convenientemente: Transmitides inseguridade e pouco convencemento ao dalas. No lugar de dar a orde, preguntades: “queres lavar xa as mans?, A orde é pouco clara e demasiado abstracta:”Sé bo, pórtate ben”.
  •  Non hai normas e, se as hai, son incoherentes. Rematades deixando o que non estaba permitido.
  • As medidas que adoptades cando non fai caso, incumprídelas.
  • Hai diferentes coidadores con diferentes normas.
  • Finalmente, os nenos que acostumaron desobedecer e que iso non teña consecuencias. Dalgún xeito, premiouse o feito de non facer caso, ao conseguir case sempre saírse coa súa.

2. QUE FACER PARA QUE OBEDEZAN? 

ESTABLECER UNHAS NORMAS: O neno debe dispor dunhas normas claras e concretas. Adaptadas á súa idade e madurez. As ordes que se dean ao neno, non serán caprichos persoais, se non que estarán referidas a esas normas básicas, solo serán un recordatorio.

COMO DAR AS ORDES:

  • Asegurarvos que escoitan e atenden cando lle dades unha orde.
  • Deben ser claras e concretas, expresar claramente que estades esperando que o fagan.
  • Deben darse con seguridade e contundencia. A orde non pode ser unha pregunta, “queres recoller?”.
  • Deben darse as orden de unha en unha.
  • Deixade un tempo prudencial para que a leven a cabo.
  • Supervisade que as ordes se cumpran axeitadamente.
  • Gabar ao neno cando as cumpra.

PRESTAR MAIS ATENCIÓN: O neno debe decatarse de que se lle presta mais atención cando cumpre as normas e obedece.

3. QUE FACER SE DESOBEDECE?

AS TRES CHAMADAS DE ATENCIÓN: Cando o neno desobedece, chamarédeslle a atención un máximo de tres veces. Sendo a última unha anticipación das consecuencias se non obedece. 

OBRIGAR: Cando non atendeu ás chamadas de atención acudiredes e obrigarédeslle a facer o que lle mandástedes: recoller, ordenar…

REPRIMENDA: Coa consecuencia negativa, darédeslle unha reprimenda breve, clara e contundente, recordándolle cal é a norma.

RETIRARLLE PRIVILEXIOS: Cando a desobediencia é moi reiterativa podédeslle quitar algún privilexio (retirarlle un xoguete ou unha actividade que lle guste), isto deberase aplicar a continuación da desobediencia e períodos de tempo breve.

SER COHERENTES: É importante que os fillos vexan que os pais sodes coherentes coas normas, se dicimos que “non” ten que ser “non”.

NON PREMIAR A DESOBEDIENCIA: Se o neno desobedece e sae coa súa estaredes “premiando” o seu mal comportamento e aumentará a probabilidade de que volva a facelo nunha situación similar.

ACORDO ENTRE ADULTOS: O neno debe recibir a mesma mensaxe de todos os adultos que ten ao seu arredor. Se existen discrepancias non debedes mostralas diante del.

 

 Esperamos que vos sirva de axuda!



page | by Dr. Radut