Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015 /2016.

 TENDO REMATADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2015 / 2016, NON SUPERANDO AS DEMANDAS O NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS, NON SERÁ PRECISO BAREMAR.

PASAR POLA SECRETARÍA DO CENTRO PARA RECOLLER IMPRESOS DE MATRÍCULA.

                                               

 

Prazo de presentación da solicitude de admisión

 


O prazo de presentación das solicitudes de admisión será do 2 ao 23 de marzo, ambos os dous inclusive.

 


Documentación

1. A SOLICITUDE: será única e terá carácter vinculante.
O impreso será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e poderá descargarse da páxina web da consellería.
Irá dirixida á dirección dos centros públicos e presentarase no centro indicado en primeiro lugar.
Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia.

 

A solicitude terá que estar asinada por calquera dos/titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a firma de ambos os dous  progenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles

2. A solicitude de admisión deberá ir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: LIBRO DE FAMILIA/DNI.

 


3. No caso de separación ou divorcio será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a RESOLUCIÓN XUDICIAL correspondente para a súa comprobación polo centro educativo.

 

4. No caso de que a demanda de solicitudes sexa maior ca as vacantes ofertadas, haberá que

 

presentar a DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO (10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión):

 

-Irmáns no centro - Renda da unidade familiar -Familia numerosa

 

-Traballar no centro - Discapacidade -Familia monoparental

 

-Proximidade do domicilio familiar ao centro / Proximidade do lugar de traballo ao centro

 

 

 

Calendario do procedemento de admisión e

matrícula

 

 

 

Os prazos previstos na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado son os que se indican a continuación:

 

1. Reserva de praza no centro de orixe: 1-15 de febreiro.

 

2. Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

 

3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

 

4. Presentación da solicitude de admisión: 2-23 de marzo.

 

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Do 25 de marzo ao  7  de   abril.

 

6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

 

7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

 

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

 

9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

 

10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

 

 

 

 

Servizos ofertados

 

A EEI O Areal conta con tres aulas de Educación Infantil:

 

                                                                              4º de E. I. – nenos/as de 3 anos

 

                                                                              5º de E. I. – nenos/as de 4 anos

 

                                                                              6º de E. I. – nenos/as de 5 anos

 

a cargo de 4 mestras especialistas en Educación Infantil, unha mestra especialista en Lingua Inglesa e unha mestra especialista en Audición e Linguaxe. Ademáis, desde o CEIP de Belesar ven una mestra de relixión católica, 3 horas á semana, e desde o CEP de Sabarís, centro ao que está adscrito a nosa escola, ven una orientadora, un día á semana.

 

A zona de influencia da EEI O Areal é a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, en Baiona, ata a curva do manco.

 

A EEI O Areal comparte o transporte escolar co CEP de Sabarís. Así mesmo, os alumnos/as que necesitan comedor, poden facer uso do comedor xestionado pola ANPA do CEP de Sabarís.

 

 

 

As vacantes existentes no centro, para o curso 2015/2016 son as seguintes:

 

4º de Educación Infantil (3 anos): 22, máis 3 reservadas para alumnado con neae.

 

5º de Educación Infantil (4 anos): 12

 

6º de Educación Infantil (5 anos): 9

 

 

 



page | by Dr. Radut