Skip to Content

SIMULACRO DE INCENDIO

FOGO! FOGO! Ninooninooninooninoo

O pasado mércores 4 de xuño tivemos no cole un simulacro de incendio e como era de esperar apareceron os BOMBEIROS, a POLICÍA  e ata unha AMBULANCIA. Os cativos tiveron a oportunidade de aprender como se debe actuar nunha situación de emerxencia similar. Escoitaron atentamente todas as indicacións, manexaron as ferramentas dos bombeiros, subiron no coche policial, deitáronse na camilla da ambulancia e ata practicaron a respiración boca-a-boca aos seus peluches-víctimas, pero sen dúbida o que máis lles gustou foi facer soar todas as sereas e xogar coa espuma.



page | by Dr. Radut